Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsA Xunta activa o Nivel 2 pola proximidade dun lume forestal no...

A Xunta activa o Nivel 2 pola proximidade dun lume forestal no municipio lucense de Pantón

Galicia activa, de novo, a situación 2 de emerxencia. Un nivel que implica a protección de núcleos de poboación debido á cercanía das lapas dun incendio forestal que asola ao municipio lucense de Pantón, na parroquia de Pombeiro.

Segundo indican desde a Consellería de Medio Rural, as últimas estimacións apuntan a unha superficie calcinada de 20 hectáreas.

De xeito máis concreto, as medidas de protección actívanse en Lornís, “en base aos plans galegos de Protección civil e de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais”, segundo indican desde Emerxencias de Galicia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS