jueves, septiembre 18, 2025
InicioNewsActualidadeSalvaterra ofrece un obradoiro gratuíto de formación en dixitalización para empresas

Salvaterra ofrece un obradoiro gratuíto de formación en dixitalización para empresas

O Concello de Salvaterra de Miño ofrece, a través do programa DIGALICIA, unha formación gratuita en dixitalización de PYMEs. As persoas interesadas poderán asistir en modalidade presencial na Aula de Capacitación Dixital do Concello.

En total serán tres sesións presenciais os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro en
horario de 16:30 a 19:30 horas destinadas a empresas nas que se tratarán as seguintes
temáticas:

  • Facturación electrónica
  • Prazo de entrada en vigor
  • Persoas e operacións suxeitas ás obrigas de facturación electrónica e sistemas
    informáticos de facturación
  • Requisitos da factura electrónica, referencia ao sistema Verifactu
  • Réxime sancionador
  • Preguntas e dúbidas
  • Ciberseguridade
  • Control horario dixital
  • Marketing e posicionamento web
  • Redes sociais
  • WhatsApp Business
  • Loxística e formato

Para máis información e inscricións está a disposición dos usuarios o teléfono610586185 ou o correo antonio.juncal@estudiosrafer.es

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS