A Xunta lamenta a resposta do Goberno central ao ditame da Comisión Europea que declaraba a irregularidade das prórrogas da concesión da AP-9, «coa que volve castigar aos galegos, aos que condena a seguir pagando unha peaxe inxusta por esta autoestrada», segundo indican desde a administración autonómica.
O Goberno galego critica a «falta de valentía do Goberno central e lamenta que non se aproveite a oportunidade para rescatar a AP-9 e liberar a peaxe, ao tratarse da principal vía que vertebra a comunidade e ser a alternativa máis vantaxosa para o interese público».
Desde a Xunta de Galicia indican que «hai que lembrar que se elaborou un novo estudo no que eleva a 2.356 M€ o actual custo do rescate, que se ten incrementado desde os 2.331 M€ nos que o Goberno galego avaliara esta medida no 2024″.
Neste contexto, a Xunta considera que «canto máis tarde se produza este rescate, será maior o prexuízo para os contribuíntes e usuarios da autoestrada».
Ademais, indican que a » a Xunta tamén leva 16 anos reclamando a transferencia da AP-9 xunto cos medios e servizos necesarios para a súa xestión, de forma que cumpra mellor a súa función de vertebración da Galicia atlántica».
«Esta fase non supón todavía o final do procedemento«
Pola súa banda, o Ministerio de Transportes, que lidera o socialista Óscar Puente, vén de emitir un comunicado no que indica que «a prórroga da concesión da autopista da peaxe da AP-9 ata 2048 foi aprobada no ano 2000 polo goberno do PP, presidido por José María Aznar» e que «se estamos nesta situación, por tanto, é responsabilidade dos gobernos do Partido Popular».
Ademais, explican que «lle corresponde ao PP explicar os motivos polos que tomou unha decisión que este Goberno non a tomaría e que claramente é perxudicial para os dereitos á cidadanía».
O Ministerio apunta que «esta mesma mañá, e unha vez consumido o prazo de dous meses desde o último Dictamen Motivado, remitiuse unha resposta ampla á Comisión Europea na que España achega as aclaracións precisas e a información xustificativa a ter en conta á hora de que se poida realizar unha valoración sempre en defensa dos intereses xerais de España».
Con todo, «esta fase non supón todavía o final do procedemento» polo que «analizaremos os seguintes pasos da Comisión Europea con este recurso para, chegado o caso, agotar as posibles opcións de resposta».