martes, septiembre 16, 2025
InicioNewsComarcasA Garda Civil de Tui detén a un veciño da Cañiza por...

A Garda Civil de Tui detén a un veciño da Cañiza por un presunto delito de tráfico de drogas

Axentes da Garda Civil de Tui detiveron a un veciño do municipio da Cañiza por un presunto delito de tráfico de drogas. O home, de 68 anos, conta con «multitude de antecedentes policias», segundo explican fontes do caso. As dilixencias preséntanse no Xulgado numero 1 de Tui, «onde comparecerá o detido cando sexa requirido para iso».

A benemérito indica nun comunicado que foi o pasado 15 de setembro cando unha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto de Tui obsevan a un turismo que realiza un adiantamento a un ciclista, en liña continúa, ocupado parte do carril contrario e obrigando ao vehículo que circulaba polo outro carril para evitar a colisión frontal entre ambos.

Os axentes procederon á detención do vehículo apuntado, que pertence a unha empresa con domicilio en Redondela. Identificaron ao condutor como un veciño de 68 anos da Cañiza con «multitude de antecedentes policiais» e «comunicouselle o motivo da parada do vehículo» así como que «se vai a proceder á realización dun boletín de sanción de tráfico por condución temeraria«.

A Garda Civil decidiu rexistrar o vehículo. Foi entón cando localizaron un sobre con 6.010 euros en billetes de 50,20,10 e 5 euros xunto cunha bolsa de plástico transparente con 50 gramos, «do que supostamente resulta ser cocaína». Por este motivo, os axentes detiveron ao home por un presunto delito contra a saúde pública.

Ademais, posteriormente, durante o «cacheo» e rexistro das pertenzas do detido, os axentes incautáronse de 295 euros que levaba na súa carteira e un teléfono móvil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS