A Asociación Lazoiro organiza, un ano máis, unha limpeza do río Tea en Salvaterra de Miño, enmarcada nas Xornadas Simultáneas de Limpeza dos Ríos Galegos organizada por AXEGA.
A xornada terá lugar o vindeiro domingo 21 de setembro, dará comezo ás 9:30 horas e o punto de encontro será na Praia Fluvial do Cordeiro, en Alxén. Está previsto que a limpeza remate de cara ás 13:30 horas.
Dende a organización, recomendan levar luvas, roupa cómoda e botas de goma. Para asistir, é preciso inscribirse no 667 00 70 51.
