jueves, agosto 28, 2025
InicioNewsActualidadeA Guarda retoma o ciclo de andainas tras o parón do verán

A Guarda retoma o ciclo de andainas tras o parón do verán

A Guarda retoma o seu ciclo de andainas organizadas pola Concellería de Eventos Deportivos tras o parón do verán coas dúas últimas rutas.

O 13 de setembro realizarase unha saída polo concello de Lobios, en Ourense, realizando un roteiro que permitirá coñecer a súa paisaxe. O día 11 de outubro pecharase este ciclo de andainas cunha ruta pola Serra do Galiñeiro, na que se poderá visitar a Cova da Becha e os petróglifos de auga da Laxe.

A actividade conta con servizo de autobús para o desprazamento e guía interpretativo, polo que se establece un prezo de 20€ por persoa para cada andaina. As rutas están entre os 10 e 15 kilómetros, polo que as persoas interesadas deben atoparse na condición física adecuada para realizar estes tramos e con certa dificultade polo desnivel.

Xa están abertas as inscricións para estas dúas andainas na Casa dos Alonso (terceira planta) ou ben a través do correo electrónico en turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizara a inscrición presencial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS