jueves, agosto 21, 2025
InicioNewsComarcasCine gratuito e baixo as estrelas en Mondariz: As emocións de "Inside...

Cine gratuito e baixo as estrelas en Mondariz: As emocións de «Inside Out 2» tomarán o centro do municipio

Mondariz converterase este venres nun gran cine ao aire libre e baixo as estrelas. E é que terá lugar a segunda sesión do ciclo Cine na Rúa cunha proxección pensada para o público familiar: Inside Out 2. Será a partir das 22:30 hora na Praza de España.

Deste xeito, os veciños e as veciñas de Mondariz así como as persoas que se acheguen ata este municipio do Condado poderán visualizar de xeito gratuito a nova producción de Disney Pixar, Inside Out 2. Esta vez, Riley, a protagonista, é xa en adolescente así que «a Central se enfronta a unha reforma para facer sitio a novas emocións. Únese a Alegría, Tristeza, Ira, Medo e Asco, Ansiedade», tal e como explican desde a productora.

O público destinatario é o familiar polo que a xornada convértese nun plan no que poden desfrutar tanto os máis pequenos e as máis pequenas da casa como as persoas adultas. A cita co cine ao aire libre e baixo as estrelas en Mondariz é na Praza de España a partir das 22:30 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS