O socialista Fransico Pérez Caamaño é o novo alcalde do municipio de Noia logo de que saira adiante a moción de censura contra o rexedor popular Santiago Freire. Este movemento político contou cos vostos a favor do PSOE, BNG, e Marea Cidadá así ciomo do edil non adscritio Luis Alamancos (ex concelleiro do Partido Popular).
Deste xeito, o Partido Socialista recupera o bastón de mando da localidade nun contexto no que as mocións de censura espállanse por varios municipios galegos. E é que unha sentenza do Constitucional vén de eliminar a norma que permitía impedir unha moción de censura se o voto dependía dun tránsfuga. Neste caso, o «si» do ex concelleiro do PP Luis Alamancos foi determinante.
Segundo indicaron os partidos políticos que asinaron a moción de censura, o goberno do popular Santiago Freire estaba caracterizado por «falta de transparencia con contratacións» e por «deficiencias na xestión de infraestructuras e servizos». Criticaron que situábanse «as costas da cidadanía». Con todo, o rexedor saínte defendeu a solvencia económcia e acusou a Alamancos de provocar unha crise política mentres este último reprochoulle ao popular unha «obsesión persoal».
O popular Santiago Freire perde así o bastón de mando do Concello de Noia da mesma forma na que a obtivo no 2016. Nese ano, el mesmo presentou unha moción de censura contra o alcalde do PSOE Miguel Paz.