Tere Elvira e Brais de Sousa, vocal e presidente do Club de Halterofilia de Vigo respectivamente, explican en Si Radio cal é a situación do ente deportivo logo de que o Concello pechara o pavillón no que adestran. Indican que «non podemos nin acceder ao noso material, que mercamos nós, para adestrar». Ademais, piden unhas instalacións dignas para adestrar.