jueves, julio 10, 2025
InicioNewsNace un novo festival de música urbana e gratuito en Galicia: Senda...

Nace un novo festival de música urbana e gratuito en Galicia: Senda do Mar leva a Poio ao artista Chimbala

Galicia conta cun novo festival de música urbana e gratuito na súa oferta de ocio para os meses do verán. Trátase de Senda do Mar, un evento de música comercial que se celebrará o venres 25 de xullo, coincidindo coa festividade do Día de Galicia, e que forma parte da programación oficial dos Concertos do Xacobeo 2025.

Deste xeito, a contorna da Seca, espazo natural á beira do mar, converterase nun gran escenario ao aire libre onde a música, o encontro e a festa serán os grandes protagonistas. O alcalde, Ángel Moldes, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presentaron esta mañá o cartel completo do festival, acompañados por André Vázquez, promotor do evento.

Cartel do festival Senda do Mar 2025

O cartel está encabezado polo artista internacional Chimbala, estrela mundial do dembow e a música urbana latina, que fará bailar ao público cun dos directos máis explosivos do panorama actual. Xunto a el actuarán o coñecido DJ nacional Juanjo García, os artistas galegos Sote e Borja Solla, e os Djs locais Arrow e Yago Rivas.

Senda do Mar é un evento gratuíto, con entrada libre ata completar aforo. Está pensado como unha gran celebración aberta a toda a cidadanía. A organización aposta por unha proposta que mestura talentos internacionais e locais, apostando pola música como motor de encontro e festa no corazón das Rías Baixas.

O festival conta co apoio e patrocinio do Xacobeo, dentro da súa programación oficial de concertos para o verán 2025.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS