jueves, julio 10, 2025
InicioNewsComarcasXa a venda o maillot de Mos para La Vuelta 2025: cor amarela e a...

Xa a venda o maillot de Mos para La Vuelta 2025: cor amarela e a rosa como símbolos protagonistas

maillot deseñado por Mos para La Vuelta Ciclista a España que remata no Castro de Herville-Mos o próximo 9 de setembro xa está dispoñible para a súa adquisición por parte do público xeral.

O deseño deste ano destaca pola súa cor amarela e a incorporación da rosa de Mos, que forma parte do escudo e da bandeira do municipio, como símbolo protagonista, «reflectindo con orgullo a identidade local», segundo indican desde o Concello. Esta rosa figura na parte frontal da prenda, que nunha das mangas leva o deseño do Castro de Herville e noutra o lema municipal SOMOSMOS.

Onde se poden adquirir?

As prendas, «que se converterán de seguro en auténticas xoias de coleccionista», poderán adquirirse en Tramo Libre, situada na Avenida de Sanguiñeda, e en Deportes González previo encargo. Están todas as tallas dispoñibles, dende a 6 ata a XXXXL, e o prezo é de 65 euros.

“Este maillot é unha mostra de identidade e de pertenza que une historia, cultura, deporte e emoción. Estamos seguros de que será todo un éxito entre o público de Mos e tamén de fóra”, indica a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

A chegada da etapa 16ª de La Vuelta 2025 ao Castro de Herville en Mos será o 9 de setembro, e o percorrido inclúe 13,2 quilómetros polo termo municipal.

Con este novo deseño, que xa luciu o veciño de Mos, excampión do Tour de Francia e actual embaixador de La Vuelta, Óscar Pereiro, na presentación da etapa na Cidade Deportiva Afouteza, Mos volve colocarse no mapa do deporte internacional coa forza da súa identidade e o orgullo dun pobo que se recoñece na súa historia e mira con ilusión cara ao futuro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS