jueves, julio 17, 2025
InicioNewsActualidadeCorte de tráfico na AG-53 (Santiago-Ourense) no enlace coa A-52 por melloras...

Corte de tráfico na AG-53 (Santiago-Ourense) no enlace coa A-52 por melloras na autoestrada

Os traballos de mellora dos apoios do taboleiro do viaduto da autoestrada Santiago-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias afeccións ao tráfico a partir de mañá.

Trátase dun novo corte de tráfico no enlace da AG-53 coa A-52 con motivo da reparación dos apoios do viaduto do ramal deste enlace en sentido Ourense. En semanas previas, xa se realizou a reparación dos apoios do primeiro estribo do viaduto e nestes días realizarase a reparación do apoio do segundo estribo.

Cortes de tráfico

Este corte de tráfico comezará mañá ás 10 horas e será necesario mantelo ata as 13 horas deste venres 11.

O desvío estará sinalizado e realizarase a través dos paneis na AG-53, colocándose tamén carteis específicos na conexión da AG-53 coa AG-54 e nas saídas do enlace de Maside, para orientar aos usuarios ata a N-541. No resto do percorrido, a través de N-541 e N-120, xa existe sinalización permanente que guía aos condutores para acceder á A-52 en dirección Ourense.

Cómpre recordar que estas afeccións ao tráfico «son imprescindibles para poder acometer a intervención, pois é preciso levantar o taboleiro, liberando os neoprenos e deixando un espazo que permita a execución de todas as tarefas precisas, polo que non é posible manter o paso do tráfico sobre a estrutura», segundo indican desde a Xunta de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS