HomeNewsActualidadeAs adegas de Valdeorras convértense no escenario da primeira edición do festival...

As adegas de Valdeorras convértense no escenario da primeira edición do festival ‘Entre Covas’

Os concellos de Larouco, A Rúa e O Barco de Valdeorras, en Ourense, acollerán os meses de xuño, xullo e agosto a primeira edición do Festival ‘Entre Covas: Festival de Artes e Enoturismo de Valdeorras’, organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras, co apoio de Turismo de Galicia.

Así, un total de tres espectáculos celebraránse en tres lugares distintos coas artes escénicas, o viño, a gastronomía e, sobre todo, a contorna, como grandes protagonistas.

O Festival ‘Entre Covas’ dará comezo o venres 20 de xuño no Concello de Larouco. O lugar escollido será a Cova da Xabreira onde se representará un espectáculo de ilusionismo, misteiro e humor a cargo de Joshua Kenneth.

O venres 18 de xullo, seguinte data do festival, o evento terá lugar no Concello de A Rúa, cunha proposta itinerante que dará comezo na Cova de Adega Melillas e posteriormente o evento trasladarase a Adega Joaquin Rebolledo para desfrutar dunha actuación musical a cargo de Carmela. Tras o espectáculo , haberá unha degustación na cova de Alen de Val.

A última data deste festival terá lugar o venres 22 de agosto en O Barco de Valdeorras, concretamente nas Bodegas Blare, onde a compañía de danza de Fran Sieira presentará o seu espectáculo CEIBE, unha peza que combina danza contemporánea e tradicional.

Entradas e horarios

O aforo máximo para cada evento é de 50 persoas e as entradas teñen un prezo de 25 euros, que inclúe o acceso ao espectáculo, a cata de tres viños e os petiscos. Ademais, hai prezo reducido por acudir aos tres espectáculos.

Todos os eventos darán comezo ás 20:00h e terán unha duracción aproximada de dúas horas e media. As entradas están á venda na páxina web da Ruta do Viño de Valdeorras.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS