En apenas dous anos, Papelón con Limón teceu unha rede de clientes que provocou todo un “boom”. En concreto, dunha das súas propostas, as arepas. O éxito deste negocio local é froito da coraxe e a visión da súa xerente, Francis, unha emprendedora que decidiu levar a cabo o seu soño de rexentar “un resaurante que unira a comida venezolana e a tradicional de Galicia” e “facer sentir aos clientes como na casa”.
Podes escoitar a entrevista completa con Francis, a rexente de Papelón con Limón, aquí:

