Conta atrás para que Ourense celebre as súas festas deste ano 2025. O Concello vén de anunciar a programación na que destacan, entre outros eventos, o concerto do catalán Nil Moliner coñecido por temas como «Libertad» ou «Mi religión», entre outras, e o do estadounidense Justin Quiles, un dos referentes do xénero do reguetón, intérprete de «Loco» ou «Colorín colorado».
Luis Zahera ofrece o pregón das Festas de Ourense 2025
Ademais, A contorna do Pavillón dos Remedios será escenario de moitas das actividades, como o pregón de Luis Zahera, o espectáculo de drons, as actuacións das orquestras e dos cantantes Nil Moliner e Justin Quiles e as sesións de DJs.
A programación inclúe tamén propostas como o mercado medieval (que estará na contorna da Ponte Vella), as atraccións festivas e a festa das cores (na zona do Barbaña), unha xincana inchable infantil (parque da Ponte Vella, A Ponte), a Feira do Libro (Parque de San Lázaro), os fogos artificiais, o Concurso de Pinchos ou os torneos de futbolín e breaking, entre outras.
Nil Moliner e Justin Quiles en Ourense
As Festas de Ourense 2025 traen consigo dúas actuacións que prometen poñer a bailar aos veciños e as veciñas así como as persoas que visiten as cidades das burgas. Será o sábado 20 de xuño a partir das 23:00 horas, nos exteriores do pavillón dos Remedios, cando Nil Moliner interpretará diferentes temas que acumulan milleiros de reproduccións nas plataformas dixitais como «Libertad», «Bailando», «Despertar» ou «Me quedo».
O reguetón máis internacional soará en Ourense o domingo 21 de xuño a partir das 23:00 horas no exterior do Pavillón dos Remedios coa actuación de Junstin Quiles. Trátase dun concerto que está financiado a través do Xacobeo, da Xunta de Galicia. Cancións como «Loco» ou «Colorín colorado».
Programación das Festas de Ourense 2025
Actividades na zona do Pavillón dos Remedios (Pardo de Cela)
Mércores, 18
- Pregón de Luis Zahera, 22.30 h.
- Espectáculo de 150 drons na Ponte Vella
- Orquestra Olympus, de 21.00 a 22.30 e de 23.20 a 01.00 h.
Xoves, 19
- OU MAMA (con Gramola). Gratuíto, cos DJs top Ballesteros, Kike Varela, Cristian RB, Pablo Marques e DMirón, 23 a 3 h.
Venres, 20
- Concerto de Nil Moliner, 23.00 h. Gratuíto, con posterior sesión DJ.
Sábado, 21
- Concerto de Justin Quiles. 23.00 h. Gratuíto (patrocinado pola Xunta de Galicia, Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo).
- Verbena oitenteira, co mellor grupo español de versións, Assia, de 21.30 a 22.30 h e de 23.59 a 02.00 h, na Praza de Concepción Arenal.
Domingo, 22
- Orquestra Cañón, de 21.00 a 23.45 h (con entrega dos premios do concurso de Pinchos de Ourense).
- Fogos artificiais. 23.59 h (visionado desde a Ponte Vella, rúa Ribeiriño, A Chavasqueira e rúa Francisco Llorens) Patrocinado por KISS FM.
Máis eventos
- Festa das cores: para público infantil e adulto. Sábado, 19.30 h, no Parque do Barbaña (baixo a pasarela da Alameda). Gratuíta
- Xincana inchable infantil, diaria e gratuíta, mércores, xoves e venres (de 17 a 20 h), sábado e domingo (de 11.30 a 13 e de 17 a 20 h), no parque anexo á Ponte Vella (A Ponte)
- Atraccións festivas: mércores, xoves e venres (19 a 2) e sábado e domingo (de 17 a 2 h) na zona do Barbaña.
- Mercado medieval, de mércores a domingo, de 11 a 1 da madrugada (agás o domingo, cando rematará ás 23 h), na contorna da Ponte Vella.
- Feira do libro: de mércores a sábado, 11 a 14 h e 18 a 21.30 h, no Parque de San Lázaro.
- Trofeo de Futbolín de Ourense. O sábado todo o día até a madrugada no pavillón anexo dos Remedios (con torneo exprés o día anterior, venres, ás 20).
- II Breaking Cidade de Ourense “Fresh designs breaking battle”. O sábado de 16 a 21 h na contorna do Pavillón
- Concurso de Pinchos de Ourense: do venres 13 ao sábado 21
