lunes, junio 9, 2025
InicioNewsActualidadeRock in Río Tea 2025: Cartel completo do festival e último concerto...

Rock in Río Tea 2025: Cartel completo do festival e último concerto de Rock na Rúa

Comeza a conta atrás para dar o pistoletazo de saída á XIII Edición do Rock in Río Tea 2025, o festival de rock que se celebra cada ano en Ponteareas.

O festival, de entrada gratuíta, celebrarase durante a fin de semana do 4 e 5 de xullo coa participación de bandas e artistas como: Def con Dos, Hugo Guezeta, Ariel Rot ou Carpe Diem.

Ao igual que nas anteriores edicións, os concertos terán lugar no Parque da Feira da Feira Vella de Ponteareas, e o evento está organizado pola asociación sen ánimo de lucro, Rock in Río Tea. Os horarios das actuacións aínda están por confirmar.

Ademais, o festival ten asociados unha serie de eventos previos, cuxo obxectivo é ofrecer música en directo para todos os públicos. Así, conta con dous eventos como son o ‘Concurso de Bandas‘ e o programa ‘Rock na Rúa‘.

Rock na Rúa 2025

O Rock na Rúa forma parte da previa do festival, que se celebra durante os meses de maio e xuño. O formato consiste nun ciclo de concertos a pé de rúa en diferentes zonas da vila.

O último concerto antes da realización do festival será esta fin de semana, o sábado 14 de xuño da man do grupo Döberman. O evento dará comezo ás 21:00h na rúa Rogelio Groba, fronte ao Blu Bar.

Concurso de Bandas 2025

O Concurso de Bandas é a proba, a grandes rasgos, que da acceso a bandas emerxentes a tocar no Rock in Río Tea.

A organización do festival fai, en primeira instancia, unha preselección entre as bandas apuntadas previamente de forma telemática. A continuación, seleccionanse oito bandas que actuarán de forma presencial no JJ Copas, en Ponteareas nos meses de febreiro, marzo e abril.

O concurso realízase en formato eliminatoria con batallas entre bandas. Hai unha primeira fase, que da paso ás semifinais e por último a final. Así, a banda gañadora obterá como premio 1.500 euros e a oportunidade de tocar durante as datas do festival en directo.

«O ambiente que se crea durante as batallas é incrible» aseguran dende a organización. «O público está totalmente implicado, o que o convirte nunha experiencia única tanto para as persoas que asisten como para as propias bandas emerxentes».

As oito bandas seleccionadas para a participación desta edición de 2025 foron: Linze, de Boadilla del Monte; Seitura, de Baiona; Sustanciados, de Mos; El 4º Sentido, de Pontevedra; Lapsus Planck, de Madrid; Polarnova, de Málaga, Barri, de Madrid e Hour-Glass, de Ferrol.

Finalmente, e tras superar todas as rondas, a banda gañadora este 2025 do premio monetario de 1.500 euros e que tocará en directo no Rock in Río Tea foi Seitura.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS