domingo, junio 8, 2025
InicioNewsComarcasO Porriño celebra o primeiro mercado sostible do municipio, "Fli-po market"

O Porriño celebra o primeiro mercado sostible do municipio, «Fli-po market»

O Concello do Porriño celebrará esta fin de semana, os días 7 e 8 de  xuño, a primeira edición do Fli-Po Market, un mercado «pioneiro» que converterá a Praza 8 de Marzo nun espazo de encontro arredor da economía circular, o consumo responsable e a  participación cidadá.  

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destaca a importancia deste mercado como unha acción  innovadora e comprometida co medio ambiente, subliñando que “o Fli-Po Market supón unha oportunidade para concienciar á cidadanía sobre a importancia de reducir residuos e apostar pola  reutilización, co obxectivo de converter O Porriño nun referente en iniciativas sostibles”.  

Organizado polo Concello do Porriño, o Fli-Po Market nace co obxectivo de promover hábitos de  consumo sustentables e dar visibilidade a proxectos baseados na reutilización, a reciclaxe e a  creatividade. Ofrecerá un espazo para a compra, venda e intercambio de produtos de segunda man.  Ademais, contará cunha ampla programación de actividades lúdicas, música en directo e unha variada  oferta gastronómica con postos de comida.  

Programación do Fli-po market no Porriño

SÁBADO 7 DE XUÑO  

11:00 h – Apertura do Mercado de artesáns e deseñadores sostibles. 

14:30 h – Actuación musical de Sálvora Trío.  

16:30 h – 18:00 h – Obradoiro de macramé con refugallos téxtiles, a cargo de Hypathia.  Obradoiro de petos de macramé con refugallos téxtiles sobre camisetas recicladas.  Podes traer a túa propia camiseta ou entregaráseche unha reciclada.  

Para maiores de 11 anos – Máximo 15 prazas.  

18:30 h – 20:00 h – Obradoiro «Do vidro á eco-creatividade», por Kolbéh.  Elaboración de floreiros con materiais reciclados. Podes traer o teu recipiente ou  proprcionaráseche un reciclado. Para maiores de 11 anos – Máximo 15 prazas.  20:30 h – 22:30 h – Sesión musical con DJ Rapante.  

DOMINGO 8 DE XUÑO  

12:00 h – Apertura do Mercado Popular.  

12:15 h – 13:45 h – Charla/Obradoiro con Retoque Retro: Arte cos residuos do mar.  Obradoiro dirixido a todos os públicos, incluídas familias con nenos/as.  

13:45 h – 15:45 h – Actuación musical de Bafana Bafana.  

17:00 h – 18:30 h – Charla/Obradoiro con Inda Gargamala: Fractais sobre madeira  reciclada. 

19:00 h – 19:30 h – Actuación de Laura Carmona, participante de La Voz Kids 2025

19:30 h – 21:30 h – Actuación musical de Somoza Trío.  

21:30 h – Peche do mercado e sorteo da persoa gañadora.  

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS