domingo, junio 8, 2025
InicioNewsActualidadeStonegal, Feira Internacional da Pedra Natural, anuncia unha segunda edición "tras o...

Stonegal, Feira Internacional da Pedra Natural, anuncia unha segunda edición «tras o éxito da primeira»

Stonegal, o evento internacional de pedra natural celebrara do Instituto Ferial de Vigo (IFEVI) do 3 ao 5 de xuño, conclúe a súa primeira edición «cun balace moi positivo». Así o afirma a propia organización, que informan que un total de 4.000 persoas visitaron o evento, «superando nun 33% as expectativas iniciais de afluencia» e reafirmando «o potencial do sector galego como referente europeo no ámbito do granito e da pedra natural».

Durante os tres días, profesionais profecentes de países como Portugal, Italia, Turquía, Emiratos Árabes Unidos, Alemania ou México, entre outros, participaron nun evento que combinou exposición comercial, congreso especializado e actividades experienciais como a Stone Gala ou a instalación artística «El color de la piedra«, firmada pola arquitecta Belén Moneo, cofundadora do estudio Moneo Brock.

«O respaldo do sector foi abrumador. Reunimos a máis de 80 empresas locais e cerca de 100 marcas de sete países, tamén recibimos a visita de prescriptores e compradores estratéxicos» aseguraba Alejandro Miras, director de Stonegal. Ademais, aseverou que «Stonegal superou as nosas mellores previsións e iso anímanos a comezar a traballar nunha segunda edición que terá lugar en xuño de 2026«.

Nesta primeira edición, Stonegal contou co apoio institucional do Clúster do Granito, a Xunta de Galicia, Consorcio da Zona Franca de Vigo, Deputación de Pontevedra, Concello do Porriño, Abanca, Confindustria Marmomacchine, APROIN, AGEINCO, o Colexio Oficial de
Arquitectos de Galicia e o Consello Galego da Arquitectura Técnica.

«Esta feira foi moito máis ca un evento comercial» aseguraba José Ángel Lorenzo, secretario xeral do Clúster do Granito. «Foi unha declaración de intencións do sector da pedra natural galega. Demostramos que Galicia ten capacidade para liderar dende a calidade, a innovación, a sostibilidade e a internacionalización»

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS