miércoles, mayo 21, 2025
InicioNewsComarcasO Polígono Empresarial da Veigadaña, en Mos, contará cun espazo verde para...

O Polígono Empresarial da Veigadaña, en Mos, contará cun espazo verde para atenuar o efecto illa de calor

O Concello de Mos contará no Polígono Empresarial da Veigadaña cun espazo verde para atenuar o efecto illa de calor urbano. Coa intención de facer fronte aos impactos do cambio climático a escala local e aumentar a resiliencia do seu territorio ante os retos climáticos, tanto en accións de mitigación como de adaptación deste fenómeno, o Concello pon en marcha este proxecto, cun presuposto de 52.283,51 euros. Conta cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, dentro das axudas do programa Galicia Refuxio Climático, que ascende a 41.826,81 euros.

No seu plan de impulso de infraestruturas verdes locais en ambientes industriais rurais, o Concello de Mos inclúe tamén neste proxecto a proposta a creación dunha infraestrutura verde piloto para a mellora da biodiversidade, a recuperación dun espazo natural e o deseño de paisaxes resilientes.

Deste xeito, preténdese a implementación de ferramentas innovadoras na xestión paisaxística consistente na creación de bandas de vexetación para a separación e minorización da contaminación acústica, visual e de cores, así como a creación de espazos naturais verdes de acceso público entre as edificacións do polígono e a zona rural habitada, favorecendo a comunicación entre as empresas e os servizos por espazos seguros, ademais de facer de refuxio climático nunha zona industrial, o que contribúe á redución do carbono, á mellora da calidade do aire e a mitigación das illas de calor.

O Conello de Mos, «dentro do seu compromiso coa prevención dos riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos», tal e como indican desde a administración local, traballa para poñer en marcha canto antes este proxecto, que ten como prazo de execución ata o 17 de novembro de 2025.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS