miércoles, mayo 21, 2025
InicioComarcasAllariz-MacedaAllariz terá o seu particular "metroaminuto"

Allariz terá o seu particular «metroaminuto»

O Concello de Allariz vén de adherirse á Rede de Cidades que Camiñan, unha asociación internacional sen ánimo de lucro aberta a entidades locais e outras administracións públicas, centrada en despregar políticas de mobilidade urbana nas que as persoas peonais sexan as protagonistas. Dentro desta perspectiva encádrase o concepto de “camiñabilidade”, «entendido como a capacidade da poboación para se desprazar a pé polos diferentes espazos do territorio, poñendo o foco, por tanto, na accesibilidade e na seguridade dos vieiros municipais», segundo indican desde a administración local.

Mapa de Allariz

Un dos proxectos centrais que se levarán a cabo grazas á participación de Allariz na Rede será a elaboración dun metrominuto. Trátase dun mapa deseñado cos elementos visuais dos planos de metro, adaptado á realidade deste municipio de Ourense, O recurso inclúe lugares de referencia do casco urbano, así como a distancia e o tempo aproximado que se tarda en chegar a eles camiñando.

Ademais do metrominuto, a adhesión á Rede de Cidades que Camiñan supón outros beneficios para Allariz «derivados dos servizos que ofrece a propia Rede», tal e como indican desde o Concello. Entre eles destacan o asesoramento técnico, a realización de actividades formativas e a difusión de boas prácticas en mobilidade urbana por parte das entidades membro desta asociación internacional.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS