jueves, mayo 15, 2025
InicioNewsActualidadeBailotea desvela os seus horarios para este venres

Bailotea desvela os seus horarios para este venres

O aparcamento da rúa Sarmiento Rivera, en Ponteareas, acollerá este venres 16 de maio a celebración do Festival Bailotea.

O festival, con entrada libre e gratuíta, acollerá as actuacións dos DJs Alex Martini, Groove Amigos, Joana River, DMiron, Muíños, Diego Mei, DJ Vaque con Denis el Remix.

Ademais, durante a celebración do festival terá lugar a final en directo da categoría de DJ do concurso Talento Xove promovido polo Concello de Ponteareas.

Horarios Bailotea

Deste xeito, os horarios do festival serán os seguintes:

18:00h – Final de DJ’s Talento Xove

19:30h – DJ Vaque con Denis el Remix

20:30h – Diego Mei

21:30h – DMirón

22:30h – Joana River

23:30h – Alex Martini

00:30h – Groove Amigos

1:30h – Muíños

Estacionamento pechado

O Concello de Ponteareas vén de anunciar que o aparcamento Sarmiento Rivera permanecerá pechado ao público dende as 8:00h do venres 16 de maio ata o fin do evento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS