jueves, mayo 15, 2025
InicioNewsActualidadeO Festival Sinsal esgota os abonos e activa a venda de entradas...

O Festival Sinsal esgota os abonos e activa a venda de entradas por día

«Un ano máis o Festival Sinsal SON Estrella Galicia pendura nunhas horas o cartel de abonos esgotados ás poucas horas de iniciar a venda». Así o vén de explicar a organización do festival e, neste contexto, o evento cultural, cuxo cartel é secreto para o público ata que desembarca en San Simón, activará este xoves 15, a partir das 12.00 horas, a través da plataforma Enterticket, a venda de entradas por día, que permitirá o acceso nas xornadas do venres 25, sábado 26 ou domingo 27 de xullo.

Que é o Sinsal Son Estrella Galicia en San Simón?

Sinsal SON Estrella Galicia é unha iniciativa cultural que visualiza as artistas próximas á creación contemporánea da escena galega, estatal e internacional. Cada verán ofrece na illa de San Simón unha pequena mostra dos proxectos musicais máis estimulantes de formacións que proceden de diferentes países de Europa, África Asia ou América. 

Para poder acceder ao festival o público debe coller un dos barcos que Sinsal pon á súa disposición no porto de Vigo e no Centro de Interpretación de Rande (Meirande). O transporte ata a illa (e a volta desde a mesma) está incluído no billete e os prezos son diferentes en función do embarcadoiro (que sempre é o mesmo para a saída e o regreso) e da idade, sendo máis económico o acceso para menores de 16 anos

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS