miércoles, mayo 14, 2025
InicioNewsActualidadeTui acolle o Campionato de España de motonáutica esta fin de semana

Tui acolle o Campionato de España de motonáutica esta fin de semana

Tui acollerá durante esta fin de semana a celebración do Campionato de España de embarcacións T850, GT60, e por vez primeira GT15 nas augas do río Miño, nas inmediacións do Club Náutico San Telmo.

Unha ducia de pilotos participarán neste evento que comezará este venres, 16 de maio, a partir das 17:00h coas verificacións técnicas. O sábado 17 de maio ás 11:30h terá lugar a clasificación. De seguido, a primeira manga disputarase ás 14:00h, a segunda ás 16:00h, a terceira ás 18:00h e a cuarta ás 20:00h. A entrega de premios celebrarase ás 21:00h.

Durante a presentación do evento, que tivo lugar na sede do Club Náutico San Telmo, estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o Comadante Naval do Miño, Andrés Díaz-Ripoll, o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides e o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, Carlos Gago.

O presidente da RFGM, Carlos Gago, manifestou que “é un orgullo volver a celebrar este campionato en Tui”, onde indicaba que se senten como en casa polo entorno, as instalacións e as facilidades para levar adiante este evento.

De seguido, tamén asegurou que «nunha clara aposta pola base por parte da Federación Galega, en Tui comezará a primeira proba do Campionato de GT15 con embarcacións máis pequenas e limitadas a 16 anos». No mesmo, contan xa con cinco embarcacións inscritas das que dúas son galegas.

Avanzaba Carlos Gago que dende a Federación becaran a un ou unha piloto para participar nas catro probas que forman parte deste Campionato Nacional nesta categoría cunha embarcación da propia Federación, para o que realizarán probas de selección e cursos en distintos puntos de Galicia.

Pola súa banda, Daniel Benavides, agradecía o compromiso do Concello de Tui para promocionar o deporte e destacaba que este campionato contribúe a facer que Galicia sexa un referente na organización de eventos deportivos.

Por último, Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui amosaba «o seu orgullo por ser sede deste Campionato de España agradecendo á Federación a súa celebración na cidade». Ademais, salientaba como albergar un campionato de España leva que tanto en Tui como na comarca creza a afección pola motonáutica.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS