Redondela prepárase para acoller unha nova edición do seu tradicional Festival Internacional de Títeres. O evento, que cumple este ano a súa vinte e seis edición, celebrarase dende o luns 12 ao domingo 18 de maio no municipio pontevedrés.
A celebración contará coa presenza de compañías de teatro de diferentes países, artistas especializados na manipulación de obxectos, títeres de man e luva, marionetas de fíos, monecos tradicionais de madeiras e sombras chinesas.
A programación do festival estará dividida en tres partes. Por unha banda, a programación escolar; por outra unha programación de sala e por último, a programación de rúa.
A programación escolar, dirixida ao alumnado dos centros educativos, será levada a cabo dende o luns 12 ao xoves 15 no Auditorio da Xunqueira e no Auditorio Piñeiral do Crego.
Durante toda a semana, do luns 12 ao domingo 18, terá lugar a programación de sala no Auditorio da Xunqueira. A programación de rúa, a máis icónica do festival, terá lugar o sábado 17 e o domingo 18 por distintos lugares da vila como os soportais do Concello, a Casa da Torre, a alameda ou o Palco de Música.
Ademais, os días 17 e 18 de maio estará instalado na Alameda o Mercadiño Titiriteiro. O horario de apertura do mercado será de 11:00h a 22:30h.
A continuación, a programación completa e horarios das representacións e actividades do Festival Internacional de Títeres: