Venres, Febreiro 6, 2026
HomeNewsActualidadeJennifer Lopez actuará este verán na cidade de Pontevedra

Jennifer Lopez actuará este verán na cidade de Pontevedra

A estadounidense Jennifer Lopez actuará o vindeiro martes 8 de xullo na capital pontevedresa, unha das paradas dentro da súa xira internacional Jennifer Lopez: Up All Night in 2025. A cantante, bailarina e actriz ofrecerá o seu concerto no Parque Tafisa de Pontevedra.

A artista actuará durante esta xira en cinco cidades españolas, sendo a primeira parada a cidade de Pontevedra. Así, Lopez actuará en Cádiz o 10 de xullo, en Málaga o 11 de xullo, en Barcelona o 15 de xullo e en Bilbao o 16 de xullo.

A información acerca das entradas así como outros datos dos concertos, agárdase que sexan indicadas pola promotora nas vindeiras semanas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS