Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsActualidadeArbo abre o prazo de inscrición para participar no Xantar da Lamprea

Arbo abre o prazo de inscrición para participar no Xantar da Lamprea

A Festa a Lamprea de Arbo presenta este ano a súa sesaxésima edición que será celebrada durante os días 25, 26 e 27 de abril. Entre a programación que ten preparada o Concello de Arbo, está o Xantar da Lamprea.

A comida terá lugar o sábado 26 de abril ás 15:00h no Restaurante Os Pirús. O menú ten como obxectivo a exaltación da lamprea, que será preparada en distintos estilos e o prezo é de 90€.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, invita a visitantes, turistas e veciños e veciñas da vila a “desfrutar dos emblemas da nosa vila, que son o viño e a lamprea” e recorda que “A Festa da Lamprea de Arbo é a primeira festa gastronómica de España”.

As persoas que desexen asistir deberán realizar o pago no número de conta 2080-5011-88- 3040013796 especificando o nome e apelidos de cada comensal. O prazo de inscrición remata o 22 de abril.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS