Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsActualidadeSae a licitación o proxecto para as naves modulares do polígono da...

Sae a licitación o proxecto para as naves modulares do polígono da PLISAN

O Consorcio da Zona Franca de Vigo inicia o proceso de licitación para a redacción do anteproxecto, proxecto básico, de execución e dirección facultativa para a construción das naves modulares no polígno da Plisan, en Salvaterra de Miño.

Os espazos estarán dispoñibles en réxime de aluguer, co fin de permitir a captación de pemes e novas inversións, tendo en conta que todos os locais do Consorcio están ao 100% de ocupación.

Segundo expoñen na memoria do contrato “a nosa experiencia indica que estas empresas, cando consolidan a súa actividade na nave arrendada, buscan medrar e comprar unha parcela para construír a instalación á súa medida mentres xa realizan a súa actividade e están adaptados ao polígono onde se ubican”, aseguran. Ademais, engaden que “dispoñer de naves en réxime de arrendamento, axuda a un polígono a medrar e consolidarse“.

En concreto, Zona Franca reservou para sí un total de nove parcelas, onde se procederá á construcción destes novos edificios. O presuposto total da actuación superará os 1,5 millóns de euros.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS