domingo, diciembre 7, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsComarcasCafé Quijano actuará coa xira "Miami Tour" no Auditorio Mar de Vigo

Café Quijano actuará coa xira «Miami Tour» no Auditorio Mar de Vigo

O 2025 vén cargado de concertos, especialmente na cidade olívica, que neste caso recibe a nova xira Miami 1990 Tour do grupo Café Quijano. A actuación terá lugar o vindeiro 24 de xaneiro ás 21:00 horas no Auditorio Mar de Vigo. Esta xira, que se desenvolverá durante o primeiro semestre do ano, ten previsto visitar máis de 20 cidades, nas que «a emoción e a enerxía están aseguradas» segundo indican dende a organización.

Café Quijano

O seu último traballo, Miami 1990 é «unha fresca continuación do son Quijano máis auténtico sen certos fragmentos sonoros noventeros». A actuación en Vigo será o quinto concerto desta xira na que segundo explica o grupo «queren realizar unha viaxe pola nostalxia, o ritmo e a esencia a través das historias que narran as cancións da banda española».

Café Quijano

Cómpre lembrar, que esta banda española no panorama musical alcanzou as cotas máis altas de éxito e popularidade en dous estilos musicais tan diferentes como son o pop rock e o bolero. Nestes dous estilos conseguiron chegar ao número un en ventas e ser recoñecidos con premios e nominacións moi prestixiosos como o «Grammy americano» ou o «Grammy Award«.

Ademais, coa súa maxistral triloxía Orígenes: el bolero foron o grupo con máis nominacións do mundo ao «Latin Grammy»: “Grabación del Año”; “Älbum del año”, “Mejor álbum de pop tradicional” e “Productor del año”. Esa mestura única do mellor dos dous xéneros conviven no máxico e enerxético directo dos irmáns Quijano.

Venda de entradas

As persoas interesadas poderán mercar as súas entradas na páxina web de Teuticket. O prezo das mesmas oscilan entre os 35 e os 50 euros, dependendo da zona de butacas escollida.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS