Os sindicatos, UGT, CCOO e CIG, convocan unha folga para este xoves 16 de xaneiro co obxectivo de “rexeitar o ERE presentado pola dirección de empresa nos pasados días que ten unha afectación de maís do 80% e a paralización definitiva de actividade industrial”.
Ademais, durante a xornada de folga, celebrarase unha manifestación que comezará, a partir das 11:00 horas, no Parque Campo da Feira e que finalizará no Concello do Porriño. Segundo indica o sindicato, alí “os sindicatos manterán un encontro co alcalde do Porriño”.

