Venres, Febreiro 6, 2026
HomeNewsComarcasA ANPA Pena do Equilibrio entrega 1.500 sinaturas en Educación para "esixir...

A ANPA Pena do Equilibrio entrega 1.500 sinaturas en Educación para “esixir máis profesorado de apoio”

A Asociación de Nais e  Pais de Alumnos “Pena do Equilibrio” entregou este mércores á  Consellería de Educación da Xunta de Galicia 1.500 sinaturas que se recolleron nunha iniciativa cidadá para demandar “un incremento do profesorado de apoio destinado a atender as necesidades educativas especiais do alumnado de CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas”, segundo indican nun comunicado.

Neste contexto, a ANPA explica que “o centro, na actualidade, ten case 60 alumnas e alumnos diagnosticados que precisan de distintos apoios para poder ter unha educación en igualdade de condicións que o resto do alumnado” e indica que “levamos, desde o principio de curso, cunha situación precaria que cada día que pasa faise máis insostible”. As nais e os pais deste colexio de Ponteareas insisten en que “a consellería ten que reaccionar de inmediato adxudicando, de xeito estable, un maior número de profesorado de apoio”.



Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS