Luns, Febreiro 9, 2026
HomeNewsComarcasA Garda Civil investiga a unha menor que realizaba prácticas nun coche...

A Garda Civil investiga a unha menor que realizaba prácticas nun coche xunto a nai e irmán no Porriño

A Garda Civil de Tráfico do Porriño investiga a unha moza de 15 anos que realizaba prácticas nun turismo xunto coa súa nai e o seu irmán logo de que os axentes detectaran o pasado sábado 21 de decembro a un vehículo coa conducción quebrada e no que o acompañante ía sen o cinturón de seguridade.

Neste contexto, unha patrulla do Equipo de Atestados detén ao vehículo. A condutora resultou ser unha moza de 15 anos, vestida con “bata e zapatillas de casa”, segundo apuntan desde a Garda Civil, e que “estaba aprendendo a manexar o vehículo, dirixida por seu irmán maior de idde e a súa nai no asento traseiro”. Os tres son veciños do Porriño, tal e como indican fontes do caso.

Así, a Garda Civil investiga á menor por un delito contra a seguridade vial e por conducir un vehículo a motor sen o permiso de conducir. Estas dilixencias remitíronse á Fiscalía de Menores. Ademais, tanto a nai da moza como o irmán enfróntanse ao memo delito ao tratarse de cooperadores necesarios e responsables da menor ao volante. Estos feitos implican pena de prisión de tres a seis meses, a unha multa de doce a vintaecatro meses cunha contía que determine o xuíz ou traballos en beneficio da comunidade.

Do mesmo xeito, os axentes denunciaron ao irmán tamén por circular sen o uso do cinturón de seguridade cunha multa de 200 euros.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS