domingo, diciembre 7, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsComarcasAs Anpas maniféstanse este xoves en Ponteareas para exixir máis profesores especialistas

As Anpas maniféstanse este xoves en Ponteareas para exixir máis profesores especialistas

A Federación de ANPAS do Condado Paradanta e Louriña (FANPO) convoca unha concentración para mañá, xoves 19, ás 19:00 horas diante da Casa do Concello de Ponteareas para esixir máis profesores especialistas «que atendan ás necesidades do alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) e necesidades de apoio educativo (NEAE)», segundo apuntan nun comunicado.

A FANPO explica que os colexios CEIP As Veigas e CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera están en «situación de urxencia ao ser insuficiente o número de profesionais que atenden aos preto de douscentos nenos e nenas diagnosticadas». En concreto a FANPO sinala que no CEIP As Veigas a ANPA O Loureiro informan de que «dos 399 alumnos e alumnas que están matriculados, 140 están diagnosticados como ACNEAE» e no caso do Ramiro Sabell Mosquera, «no que estudan 295 nenos e nenas, hai 59 con diagnóstico ACNEAE».

As ANPAS destes centros e a FANPO consideran que «non se pode atender aos números dun catálogo sen analizar a situación puntual dos centros e avaliar non só o número de casos, tamén os graos de discapacidade, existindo casos de ata un 70% de discapacidade que precisa para si mesmo unha única profesional».

A FANPO pide o apoio de todas as forzas políticas para acadar «o apoio da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e ser escoitados».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS