Martes, Marzo 17, 2026
HomeNewsComarcasNovo accidente de tráfico no cruce de Setados, nas Neves

Novo accidente de tráfico no cruce de Setados, nas Neves

Dous vehículos colisionaron este mediodía na PO-400, á altura do cruce da parroquia de Setados, nas Neves. Os feitos ocorreron sobre as 14:00 horas e ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil despois de que un particular dera a voz de alarma ao 112 Galicia.

O accidente tivo lugar entre un vehículo todoterreno e un turismo da marca Mercedes e, segundo informan desde Emerxencias de Galicia, non hai que lamentar danos persoais. Os conductores realizaron un parte amistoso sobre a colisión.

A colisión ocorreu no cruce de Setados, onde os veciños e as veciñas levan anos reclamando que se solucione a súa perigosidade posto que, neste punto quilométrico, rexístranse numerosos accidentes ao logo do ano. De feito, a veciñanza reclamaba unha rotonda para dar solución a esta problemática. Finalmente, a Xunta de Galicia, en colaboración co Concello das Neves, optou por desprazar 55 metros esta intersencción co obxectivo de “mellorar a visibilidade e reforzar a seguridade viaria”. A actuación aínda está pendiente de executar.

Mobilización dos veciños e das veciñas

Foi xa no 2023 cando os veciños e as veciñas da parroquia de Setados paralizaron o tráfico nesta estrada co obxectivo de pedir ás administraicóns “que actúen antes de que se produza unha morte”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS