Luns, Febreiro 9, 2026
HomeNewsActualidadeConcerto reivindicativo en Vigo para esixir a alta velocidade Vigo-Madrid

Concerto reivindicativo en Vigo para esixir a alta velocidade Vigo-Madrid

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convoca a toda a cidade a acudir ao concerto reivindicativo que organiza a institución local co fin de demandar a liña de alta velocidade Vigo-Madrid ao seu paso por Cerdedo.

O concerto terá lugar o vindeiro martes 26 de novembro ás 20:00h na Porta do Sol e estará a cargo de ACOPOVI, entidade que aglutina as corais da cidade.

O rexedor local fai fincapé en que “non queremos dar a volta en tren por Santiago para ir a Madrid“, tal e como sucede actualmente, engadindo que implica “50 minutos de atraso e a humillación de non ter unha liña directa de Alta Velocidade”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS