domingo, mayo 19, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Feira da Cabaza enche a axenda cultural da fin de semana...

A Feira da Cabaza enche a axenda cultural da fin de semana en Tui

Amais de exposición e venda de cabazas, haberá demostracións gastronómicas, actuacións musicais, andaina e a caverna do terror.

O pavillón do IES San Paio acolle esta fin de semana, sábado e domingo, I Feira da Cabaza. O evento, previsto inicialmente no Paseo da Corredoira, trasladouse de emprazamento debido ás adversas previsións meteorolóxicas.

A inauguración da feira terá lugar mañá sábado, ás 11 horas, no pavillón do IES San Paio.

Sábado, 30 de outubro

  • Ás 11.00 h apertura da feira. Inauguración.
  • Ás 12:00 h Showcooking co chef Iván Mendez. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
  • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Banda de Gaitas Arume de Malvas. SUSPENDIDA
  • Ás 18.00 h Showcooking co chef Alejandro Iglesias. Actividade programada ao abeiro do proxecto de cooperación ‘Eurochef’ promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Degustación con protocolo covid.
  • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.
  • Ás 20.00 h concerto de Micalip´S.

Domingo, 31 de outubro

  • Ás 10.00 h Visita guiada por Tui coa colaboración de AndaTui. Saída: Pavillón do IES San Paio.
  • Ás 10.00 h apertura da feira.
  • Ás 11.30 h recoñecemento e entrega de premios ás asociación participantes.
  • Ás 12.00 h Showcooking a cargo dos chefs Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador de Baiona e coordinador do Parador de Tui e tudense Javier Freijeiro propietario do restaurante PRACER na Coruña. Degustación con protocolo covid.
  • Ás 13.30 h actuación musical a cargo da Asociación Cultural xuvenil recreativa e deportiva San Telmo de Tui. Paseo da Corredoira.
  • Ás 17:00 h talleres de decoración de cabazas e maquillaxe para nenos e maiores
  • Ás 18.00 h Showcooking a cargo do mestre pasteleiro tudense Óscar Romero. Degustación con protocolo covid.
  • Ás 20.00 h Concerto do Grupo NoAllKansas.
  • De 19.00 a 01.00 h A Caverna do Terror no Cárcere Vello.
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES