A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), en colaboración coas súas entidades membro, vén de celebrar unha concentración simultánea en diversas localidades galegas co obxectivo de “visibilizar a falta de transporte adaptado”.
Baixo o lema “teletransporte contra a disciminación“, esta campaña tamén se estende a nivel nacional reivindicando que “ata que o teletransporte sexa viable, que polo menos que os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade”.
Unha desas manifestacións tivo lugar na capital da comarca do Condado, en Ponteareas, e Montserrat Cuevas explica que “se trata de poder facer unha vida normal, non só para ir ao médico senon para ir o cine ou calquera outra actividade e que non faga que dependamos tamén dun familiar ou amigo para desprazarnos”.

