martes, diciembre 3, 2024
InicioA terraA nosa culturaO histórico 'Circo dos Muchachos' de Ourense estrea a súa propia docuserie

O histórico ‘Circo dos Muchachos’ de Ourense estrea a súa propia docuserie

O documental, dirixido por Elías León Siminiani, chegará á plataforma Prime Video o próximo 22 de novembro

O próximo 22 de novembro estrearase na plataforma americana ‘Prime Video‘ a docuserie ‘El Circo de los Muchachos’, un documental de cinco capítulos que narra a historia do circo-escola creado polo sacerdote Jesús Silva en Benposta, Ourense.

A produción, realizada por Vaca Films, con Elías León Siminiani como director e coguionista e Pepe Coira como guinista, conta a historia da pequena cidade ourensá fundada polo sacerdote Silva a finais dos anos 50 e que estaba rexentada por mozos.

O Circo de los Muchachos foi a primeira experiencia de escola nacional de circo en España, instalada na parroquia de Seixalbo, no extrarradio de Ourense. A cidade mantívose activa ata o ano 2003, e foi catalogada como unha experiencia de autoxestión xuvenil dentro do marco legal da dictadura de Franco. Ademais, foi considerada a segunda escola circo do mundo, tras a escola circo de Moscú.

O sacerdote Silvia conseguiu crear un proxecto educativo para nenos sen recursos no contexto dunha España franquista. A cidade contaba con moeda, pasaporte e incluso aduana propia, estaba gobernada por nenos e baixo a autorización do goberno e igrexa franquistas.

A docuserie ‘El circo de los muchachos‘ contará con cinco episodios de 50 minutos de duración, creados a partir dunha combinación de materiais e entrevistas inéditas e un arquivo único que percorre máis de 50 anos de historia, incluso con imaxes orixinais grabadas dende o propio estudo de televisión de Benposta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS