Tirada de fogos, degustación de xamón e moita música os días 9 e 10 de agosto
A parroquia de Arnoso, no Concello de Ponteareas, celebra esta fin de semana o seu ‘Arnoso Fest’, dous días de festa e música sen parar onde os veciños e veciñas son os grandes protagonistas.
O evento comeza o venres día 9, coa gran tirada de fogos ás 13h, seguida ás 21:30h da noite pola degustación de xamón para todos os asistentes coa actuación do Grupo Folclórico Centro Cultural de Xinzo.
O sábado día 10, comezará cunha gran tirada de Bombas de Palenque ás 8:00h. Ás 11:30h será o pasarrúas a cargo da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Ás 12:30h dará comezo a Misa Solemne e ao seu remate o concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
O evento rematará esa mesma noite na verbena coa actuación a partir das 22:30h de DJ. Kola e o Trío Sensanción.
Ademáis, haberá pulpeiro e chouripán para o desfrute de todos os veciños e veciñas.

