HomeNewsActualidadeOito nenos e nenas saharauís pasan overán en Tui

Oito nenos e nenas saharauís pasan overán en Tui

Oito nenos e nenas saharauís están a pasar o verán en Tui na vivenda de sete familias acolledoras. Os e as cativas gozan das súas vacacións indo á praia, percorrendo o Monte Aloia, indo á piscina e coñecendo toda a contorna do municipio.

Forman parte do grupo nenos e nenas saharauís que este verán estarán en Galicia ao abeiro do programa Vacacións en Paz, promovido por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e que neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.

A pasada semana o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto a concelleiros e concelleiras da corporación tudense déronlles a benvida a estes sete nenos e unha nena que convivirán con sete familias durante estes meses de verán. O rexedor tudense agradeceu a solidariedade das familias, tres delas repetidoras e catro que participan por vez primeira, ao “acoller a estes cativos e cativa compartindo con eles a vida familiar durante estas semanas”. Nese mesmo acto, agasallaron aos pequenos cunha mochila, material escolar, e diversos xogos.

O Concello de Tui leva participando máis de tres décadas co programa Vacacións en Paz. Esta estadía permítenlles aos cativos evitar as altas temperaturas que no verán se rexistran nos campamentos en Tindouf. Ao tempo durante as semanas que viven en Tui poden realizar revisión médicas e aprender ou mellorar o seu castelán. Grazas esta programa cada verán nenos e nenas saharauís pasan os meses de xullo e agosto na cidade no seo de familias acolledoras, “creando un vínculo que perdura no tempo” aseguran dende o goberno local.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS