HomeNewsActualidadeO BNG pide unha xuntanza bilateral a Rueda sobre a lingua e...

O BNG pide unha xuntanza bilateral a Rueda sobre a lingua e o PP remíteo ao Parlamento

Os populares rexeitan a xestión individual e critican o "muro de bloqueo" dos nacionalistas, que cualifican de "paripé propagandístico" o plan da Xunta con 700 medidas

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, solicitou por carta unha reunión directa co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para abordar a actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004. Con todo, a resposta do PPdeG foi rexeitar este encontro bilateral e instar os nacionalistas a debater no Parlamento galego, o foro que consideran axeitado para negociar as propostas políticas xunto ao resto de grupos da Cámara.

A viceportavoz do Bloque, Olalla Rodil, defendeu a necesidade dun encontro ao máis alto nivel por tratarse dun asunto capital para o futuro do país, criticando que o plan de 700 medidas presentado pola Xunta é “un paripé propagandístico” que supón un paso atrás e no que Rueda estivo “absolutamente ausente”. Desde as filas nacionalistas insisten en que para recuperar o uso do galego como lingua de pleno dereito é imprescindible suprimir a prohibición de impartir materias como matemáticas ou física e química niste idioma.

Choque de posturas sobre o diálogo

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, tachou a proposta do BNG de “as da manga” para xustificar unha “absoluta falta de interese por sentarse a dialogar”. Os populares lembraron que a súa oferta pasa por unha xuntanza conxunta con todos os grupos, defendendo que a lingua non é patrimonio de ningún partido e que o que é de todos debe abordarse entre todos. Ademais, o PP reprochou aos nacionalistas que desbotasen un documento estratéxico de 400 páxinas en menos dunha hora e instou a Pontón a asumir o seu papel na política galega.

Declaracións da viceportavoz do Bloque, Olalla Rodil:

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS