O Pleno da Corporación do Concello de Baiona aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos a posta en marcha da figura da persoa Delegada de Protección, así como o protocolo de protección nas actividades de ocio e deportes con nenos, nenas e adolescentes (NNA).
Con este acordo plenario, a institución ratifica o seu compromiso co benestar e a seguridade dos máis novos, asegurando que calquer actividade municipal ou organizada por terceiros cumpla cos máis altos estándares de prevención e protección.
A medida encontra a súa base legal na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia (LOPIVI). A lexislación establece no ámbito do deporte e do ocio a obriga de aplicar protocolos de actuación fronte á violencia. Do mesmo xeito, impón ás entidades que realizan de forma habitual actividades con menores a designación dunha persoa delegada de protección e o establecemento dun sistema de seguemento.
Con todo, en Baiona foi designada para tal fin a educadora familiar, Arantzazu Rial Lema, unha “referencia clara e visible”. Desde xeito, os propios menores, as súas familias e o persoal técnico saben exactamente a quen acudir ante calqueira dúbida, sospeita ou incidencia. A súa existencia facilita así unha resposta máis rápida, ordenada e eficiente.
A persoa delegada encárgase de difundir o protocolo, velar polo seu cumplimento e iniciar as comunicacións correspondentes en caso de detectarse unha posible situación de risco, evitando improvisacións ou respostas tardías. Asimesmo, axuda a crear entornos máis seguros.
Nas actividades de menor envergadura, esta figura poderá recair nun membro da propia entidade, da directiva ou en persoal externo, primando sempre a súa accesibilidade e capacidade de actuación.
O protocolo, pola súa parte, ofrece un marco común de actuación que define os canais para previr, detectar, comunicar e actuar ante situacións de violencia.

