Tui acolle este martes a “Ruta polos lugares da memoria democrática”, unha actividade enmarcada ni ciclo “Coñece o noso patrimonio” que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui durante os meses de xullo e agosto. A visita partirá este martes 21 de xullo, ás 20:30 horas, da Praza do Concello.
O percorrido abranguerá diversos lugares relacionados coa memoria democrática na semana en que se cumpren 90 anos do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e da semana en que a cidade de Tui mantivo a súa adhesión á II República ata a entrada das tropas golpistas o 26 de xullo.
A visita correrá a cargo de Helena Pousa Ortega, presidenta da Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña e profesora xubilada de ensino medio, que ten estudado esta temática na súa publicación sobre as mulleres encarceradas no cárcere do partido xudicial tudense.
Ana Núñez Álvarez, concelleira de Turismo e Patrimonio, salienta o “interese desta visita que nos achega ao patrimonio inmaterial ligado á nosa historia contemporánea, concretamente aos inicios da guerra civil española co golpe de estado de 1936 e as súas consecuencias na nosa cidade e que conforman unha parte da memoria democrática que neste noventa aniversario compre resaltar para incentivar á participación cidadán e a reflexión social sobre estes acontecementos e contribuír a recoñecer a dignidades das vítimas de toda forma de violencia e represión”.
A presidenta da Instituto de Estudios Tudenses, Marta Cendón Fernández, congratúlase polo “éxito de participación nas anteriores actividades deste ciclo de visitas guiades que reuniu a cerca de 150 persoas na visita ás escavacións arqueolóxicas da Praza do Pracer e mais de 70 na celebrada a pasada semana sobre a escultura pública en Tui”.
A participación nestas visitas é libre e gratuíta.
O ciclo continuará coas seguintes visitas:
– Martes 28 de xullo: “Las huellas de 800 años de arte en la catedral de Tui” por Marta Cendón Fernández, catedrática da USC e presidenta do IET. Inicio na porta da Catedral de Tui – 20.30 h.
– Martes 11 de agosto: “Os tempos do románico en Ganfei: o mosteiro de O Salvador e San Teotonio”, por Isilda Salvador, museóloga. Inicio: Mosteiro de Ganfei – Valença – 20.30 h (ES)
– Martes 18 de agosto: “La catedral medieval de Santa María de Tui” conferencia de Carmen Manso Porto da Real Academia da Historia. Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela – 20.00 h.
– Martes 25 de agosto: “De convento de San Antonio a parroquia do Sagrario da Catedral”, por José Ramón Fernández Fernández, historiador. Inicio: Igrexa parroquial de San Francisco – 21.00 h.

