Venres, Abril 17, 2026
HomeNewsActualidadeTeatro benéfico para a causa "Una cura para Nora" este sábado en...

Teatro benéfico para a causa “Una cura para Nora” este sábado en Sabarís

O Multiusos de Sabarís, en Baiona, acollerá este sábado 18 de abril unha xornada solidaria onde o humor e acultura serán as protagonistas. O evento, que comezará as 19:00 horas, onde o grupo de teatro A Moura, do C.C. A Merced de Chaín, representará a comedia “Malos hábitos” co obxectivo de recadar fondos para a causa “Una cura para Nora”, unha pequena nena baionesa que padece unha enfermidade rara, e a Asociación CTNNB1.

A obra, pensada para todos os públicos, presenta unha divertida trama de enredo protagonizada por dúas monxas, un cura e un acólito nunha comisaría, onde situacións absurdas e cheas de humor poñerán a proba a paciencia dos dous policías.

A programación completarase coa actuación do Grupo de Cámara da Agrupación Musical de Vincios, que acercará a música ao evento.

A entrada terá un donativo mínimo de catro euros e con ela estará incuída a participación nun sorteo de agasallos cedidos polos comercios locais. A maiores, hai habilitada unha “Fila 0“, para quen desexe colaborar con aportacións económicas sen necesidade de asistir ao evento.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS