Mércores, Abril 22, 2026
HomeNewsActualidadeO Porriño leva a pleno a amortización dos préstamos para pago de...

O Porriño leva a pleno a amortización dos préstamos para pago de facturas de gobernos anteriores

O Concello do Porriño, tras depurar todas as facturas irregulares de gobernos anteriores, vén de convocar un pleno extraordinario para liquidar dita débeda. Deste xeito, a administración quedará libre de cargas e poderá presentar un novo orzamento que será aprobado “o antes posible”, segundo desvelou o alcalde do municipio, Alejandro Lorenzo, en rolda de prensa.

“Liquidar esta débeda histórica permitirá aprobar o novo orzamento”, explica Alejandro Lorenzo, o alcalde do municipio, aclarando que o documento xa está elaborado e permitirá “xa sen a tutela do Goberno Central”, levar a cabo obras que serán fundamentais para todas as parroquias “sen subir taxas, e seguir sendo o concello cos impostos máis baixos de Galicia”.

Neste senso, o rexedor explica que se fixo unha importante depuración daquelas facturas que estaban sen pagar e que foran acumuladas: “demostrando que había duplicidade de facturas, outras que non se correspondían co prezo de mercado nin se acreditou a verificación de que estivera realizada a obra. En total 5.4 millóns, dos que devolvemos máis de 2 millóns que non eran regulares e que o anterior goberno ía pagar”, explica Lorenzo, apoiado nun cadro onde se desgranan todas estas facturas logo de ser informadas pola intervención municipal: “Demostrouse que non había que pagalas e ningún provedor ao que se lle devolveu as facturas fixo ningún tipo de alegación”.

Novos investimentos

Ademais da liquidación do crédito, a ese pleno extraordinario lévanse tamén unha modificación orzamentaria para destinar fondos do remanente para proxectos de envergadura en diferentes parroquias do municipio, importantes inversións, algunha delas con subvencións provinciais e autonómicas en beneficio da atención social, do tecido asociativo, con obras relacionadas tamén co deporte e a cultura e novos espazos para a veciñanza.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS