Un total de entre 12 e 14 vehículos impactaron en cadea á primeira hora deste martes na Autoestrada do Atlántico AP-9 á altura do quilómetro 53 en sentido sur, á altura do concello de Oroso.
Os feitos ocorreron en torno ás 9:10 da mañá, onde resultaron feridas varias persoas implicadas, entre eles, os deputados do PPdeG, Gonzalo Trenor e Roberto Rodríguez, que se dirixían cara a Santiago para participar no primeiro Pleno do Parlamento do ano. Ao igual que o resto de feridos, foron trasladados a un centro hospitalario.
Debido ao sinistro, a infraestrutura permaneceu pechada nese treito, obrigando aos vehículos que se desprazaban dende A Coruña cara a Santiago a ser desviados na saída de Ordes. O tráfico tivo que continuar pola estrada N-550.
Debido á ausencia dos dous deputados implicados, que foron hospitalizados, así como doutros que se viron retidos polo accidente, o Parlamento modificou a orde do día do pleno, polo que se adiantou a comparecencia do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, que ía producirse a última hora da mañá.

