viernes, enero 16, 2026
InicioNewsActualidadeVenres protagonizado pola neve en Galicia: Estes son os concellos tinguidos de...

Venres protagonizado pola neve en Galicia: Estes son os concellos tinguidos de branco

Volve a neve a Galicia. MeteoGalicia vén de activar un aviso amarelo en diversos concellos da comunidade a causa da neve, xa que se prevén acumulacións de máis de cinco centímetros de espesor.

As nevadas están previstas ao longo deste venres, para as zonas máis altas das provincias de Lugo e Ourense. Asi, tal e como indican as previsións, a cota de neve poderá baixar ata os 800 metros de altura ao longo da tarde.

En concreto, son 33 os municipios que se atopan baixo o aviso amarelo; 19 da provincia de Ourense e 14 da de Lugo.

Os municipios afectados de Ourense son: O bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, Riós, San Xoán de Río, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo.

E de Lugo: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Folgoso do Courel, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Segundo informa MeteoGalicia, o aviso amarelo está previsto que quede desactivado a medianoite.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS