viernes, enero 16, 2026
InicioNewsActualidadeAberto o prazo para participar no Mercado Medieval da Arribada de Baiona

Aberto o prazo para participar no Mercado Medieval da Arribada de Baiona

O Concello de Baiona vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para participar no Real Mercado Medieval da Arribada 2026, que este ano terá lugar os días 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de xaneiro

Tanto as bases reguladoras do mercado como a solciitude pódense descargar da páxina web municipal www.baiona.gal. Ao tempo, para dúbidas e aclaracións o Concello habilita o correo electrónico mercadoarribada@baiona.gal e o número de teléfono 699199400, que estará activo de luns a xoves de 17 a 20 horas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS