A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro, encargada da organización da Sementeira e Música en Salvaterra de Miño, elaborará o seu tradicional «Gran Cocido» o vindeiro 25 de xaneiro na Casa Cultural de Corzáns.
Os e as asistentes poderán degustar, ás 14 horas, un menú composto por sopa, cocido, auga, viño, refrescos, pan, sobremesa e café. O prezo é de 22 euros por adulto e 10 euros por neno ata os 12 anos. As prazas son limitadas e é preciso inscribirse antes do 22 de xaneiro nos teléfonos 638450204 ou 686939855; a través do facebook da asociación ou a través do seu perfil de Instagram.
O obxectivo da comida é recadar fondos para a celebración da Sementeira e Música 2026; da cal xa están confirmadas as datas de celebración. Así, a Sementeira e Música cumplirá a súa maioría de idade os días 8, 9 e 10 de maio.


