domingo, agosto 10, 2025
InicioNewsActualidadeFin á instrucción do crime de Salceda: Ábrese xuízo oral contra o...

Fin á instrucción do crime de Salceda: Ábrese xuízo oral contra o acusado de matar a Soufian Mraha

A titular do Tribunal de Instancia do Porriño nº1 finalizou a instrución do crime de Salceda de Caselas. A acusación pola morte dun mozo de 25 anos diríxese contra un acusado, que despois dunha ardua investigación foi localizado e detido no Reino Unido en 2024.

Soufian Mrha, era un mozo de 25 anos veciño de Salceda de Caselas e natural de Marrocos, que faleceu tras recibir varias puñaladas no costado esquerdo a raíz dunha discusión que mantivo con outra persoa na madrugada do 8 de xuño de 2019. A liorta tivo lugar ás portas dun local de ocio nocturno, e tras o apuñalamento, o agresor deuse á fuga.

Agora, seis anos despois, o caso será axuizado con xurado popular na Audiencia Provincial de Pontevedra. No auto de apertura de xuízo oral, a xuíza acorda manter en situación de prisión provisional ao investigado, quen está acusado dun delito de asasinato e requírelle para que preste unha fianza de 376.000 euros para afrontar a posible responsabilidade civil que se lle puidese impoñer tras o xuízo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS