Despois dun encontro contra a selección francesa, no que a Selección de Futbol de España deixou o marcador con 5 goles a 4, é a hora de poñer toda a carne nas brasas na final que terá lugar este domingo en Múnich. Medirase contra o país veciño, Portugal, aspirando a converterse na primeira selección en gañar o torneo dúas veces.
E para que o alento e as forzas cheguen ata Alemañana, o Concello da Guarda instalará unha pantalla xigante na Praza do Reló para ver este encontro. Unha hora antes de que teña lugar o partido, comezará a retransmisión na pantalla coa previa do partido, segundo indican desde a administración local.
A que hora é o partido de España-Portugal?
Segundo os horarios oficiais da UEFA, o encontro disputarase a partir das 21:00 horas en el Munich Football Arena. O partido poderase visualizar tamén a través da TVE así como na súa plataforma de streaming.